Carreira de obstáculos con motivo do 8M en Vimianzo

8M Vimianzo

  • As cargas familiares, a brecha salarial ou a violencia de xénero foron os «obstáculos» que tiveron que sortear os participantes.

O concello de Vimianzo segue a loitar contra a desigualdade no tocante ás mulleres, por iso decidiu visibilizar todas as trabas que unha delas pode atoparse no camiño laboral, persoal ou social.

Para mostrar o seu compromiso, este venres hai organizaba unha carreira de obstáculos na que participou todo o alumnado de primaria dos CEIP San Vicenzo e de Baíñas, e á que se puido unir toda a veciñanza.

A proba tivo lugar na praza do concello ás 12:00 horas e durante a mesma, o alumnado tivo que saltar, sortear ou reptar ata conseguir superar unha chea de obstáculos que simbolizarán todas esas trabas e impedimentos que as mulleres tiveron que afrontar ao longo da historia: as cargas familiares e domésticas, a invisibilidade da súa valía e do seu traballo, a brecha salarial e o teito de cristal, o acoso e a violencia de xénero, etc.

Todo isto baseado na existencia dos estereotipos de xénero, así como na educación sexista e no mantemento de moitos micromachismos que fan imposible que a igualdade de xénero sexa real e efectiva.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha