Vimianzo acollerá unha nova Xuntanza Palilleira o 18 de novembro

1 minutes read

O Concello de Vimianzo convoca para o vindeiro 18 de novembro a XVI Xuntanza Palilleira, que se celebrará no pavillón polideportivo en horario de 10:30 a 19:30 horas.

Organizada pola Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas”, coa colaboración do Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña, terá como data límite de inscrición catro días antes da celebración do evento, o 14 de novembro de 2023.

Para elo, pódese enviar mensaxe de WhatsApp aos números de teléfono 678 46 05 43 e 657 33 25 84 ou enviar un correo electrónico ao enderezo nemanquinas95@gmail.com. A derradeira edición congregou a máis de medio millar de palilleiras neste espazo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?