0
A Casa da Cultura de Vimianzo acollía este martes a presentación da segunda edición de A Costa da Vida, unha programación cultural que este outono levará a música, as artes escénicas, a narración oral e as propostas familiares ás parroquias da Costa da Morte.
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Vimianzo, organizado por Culturactiva e que conta co apoio do programa #OTeuXacobeo da Xunta de Galicia #Xacobeo2027, xunto coa colaboración dos concellos de Fisterra, Corcubión, Dumbría, Muxía e Mazaricos.
Conta cunha programación para achegar a cultura ao territorio, poñer en valor as súas parroquias e facer comunidade, porque a cultura tamén se vive e se constrúe no rural.
