O Concello de Vimianzo acolleu a presentación do proxecto audiovisual #acostadasmulleres, que recolle oito experiencias femininas de distintos lugares da Costa da Morte, baixo a coordinación do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e no marco da loita contra a violencia de xénero coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Rural. Abriu o acto a alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez, entre outras autoridades, tamén estiveron presentes o alcalde de Zas e presidente do GDR, Manuel Muíño, os mandatarios da Laracha, Muxía,Camariñas, Carnota, e un representante do concello de Cee. E por suposto, das oito protagonistas deste proxecto audiovisual: Isabel Tomé, Carmen Riveiro, Teresa Ferreira, Josefa Carrera, Florentina Atán, Dorinda Moleda, Lucia e Liana Quintela e Loli Fernández.