25
Trátase da primeira producción da compañía de teatro local ‘O sol do outono’ de Soraya Lema Carballo, que foi presentada no Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Lema estivo acompañada polos vimianceses Javier Sampedro e Xaquín Lema, quen a acompañarán na música e no son, respectivamente. Por parte do Concello acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; e a técnica do mesmo departamento, Nieves Lema. A obra de teatro poderase gozar este domingo 30, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo.