Vimianzo acolleu a presentación do cartel da obra ‘Historia dunha nena namorada do mar’

Trátase da primeira producción da compañía de teatro local ‘O sol do outono’ de Soraya Lema Carballo, que foi presentada no Auditorio Municipal da Casa da Cultura. Lema estivo acompañada polos vimianceses Javier Sampedro e Xaquín Lema, quen a acompañarán na música e no son, respectivamente. Por parte do Concello acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; e a técnica do mesmo departamento, Nieves Lema. A obra de teatro poderase gozar este domingo 30, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha