Vimianzo acolleu a XIV Xuntanza de Palilleiras

1 minutes read

O evento estivo organizado pola Asociación de Palilleiras «As Nemanquiñas». Nel participaron preto de 400 palilleiras chegadas, por suposto de Camariñas, de toda Galicia e mesmo desde Cantabria.

Tivo lugar este sábado no pavillón polideportivo de Vimianzo, de 10:30 a 19:00 horas. Contou coa colaboración do Concello de Vimianzo e o xantar de confraternización festexouse ás 13:30 horas.

Ao acto inaugural acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, xunto aos edís Rosa Blanco e Mario Andújar. Estiveron acompañados pola deputada provincial, Sandra González; os integrantes da corporación Marta Rey, Francisco Calzas e Raquel Rodríguez; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a concelleira Encarna Liñeiro; e Mariví, Silvia e Mercedes, da directiva da Asociación As Nemanquiñas.