Vimianzo acolleu este xoves unha xornada de portas abertas dentro do proxecto #EuSave

Xornada #EUSAVE_Cedida

  • O evento celebrouse na Casa da Cultura e participaron representantes de oito países europeos.

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu este xoves a xornada transnacional de portas abertas enmarcada no 6º encontro internacional do proxecto europeo #EuSAVE denominado «Deseño de novas estratexias de desenvolvemento conxunto para poboacións históricas intelixentes e sostibles da UE». A alcaldesa, Mónica Rodríguez, deu a benvida aos representantes dos oito países europeos (Italia, Bélxica, Croacia, Portugal, Bulgaria, Letonia, Macedonia) e destacou que con este tipo de proxectos «estamos facendo unha Europa máis unida. Créanse lazos pero tamén nos coñecemos mellor, como individuos e como conxunto de comunidades dentro dun continente».

O proxecto europeo #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages, que lidera o Concello de Vimianzo, vénse desenvolvendo desde 2018. O seu obxectivo é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas localidades. Na actualidade participan 40 municipios rurais de menos de 10 000 habitantes e de oito países diferentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha