Vimianzo acolleu unha reunión con representantes dos concellos polos que transcorre a Vía Mariana

1 minutes read

A Asociación Vía Mariana convocou o encontro co obxectivo de poñer en común as necesidades e adoptar estratexias para promocionar este percorrido de preto de 400 quilómetros. Entre outras cuestións, abordouse a folla de ruta a seguir no 2026.

A reunión estivo encabezada polo presidente da entidade, Henrique Malheiro, que estivo acompañado por Luís Martínez, César Ramos, Josefina Sieira, de Baíñas, e Francisca Antelo, de Berdoias. Ademais, tamén asistiu, en representación da Asociación de Mulleres Rurais de Moraña, Norma.

O fermoso traxecto da Vía Mariana comeza desde o norte de Portugal ata cruzar o Río Miño, seguindo a súa espectacular viaxe a través de Arbo, A Cañiza, Mondariz, Covelo, Fornelos de Montes, A Lama, Ponte Caldelas, Cercedo-Cotobade, Campo Lameiro, Moraña, Cuntis, Valga e Pontecesures. Desde aí, o roteiro continúa ata chegar ao santuario da nosa Señora da Virxe da Barca, en Muxía, non sen antes pasar pola catedral de Santiago de Compostela.