Vimianzo acolleu unha xuntanza técnica de traballadores/as sociais

1 minutes read

Este luns tivo lugar en Vimianzo unha xuntanza de traballadoras e traballadores sociais na que trataron temas relacionados co desempeño do seu traballo diario nos distintos concellos non solo da zona senón tamén noutros concellos de Galicia. Exemplo disto foi a participación de concellos doutras provincias.

Participaron na xuntanza as/os técnicas/os dos concellos de: Vimianzo, Dumbría, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas. Muxía, Santa Comba, San Sadurniño, Carballo, Mazaricos, Corcubión, Laracha, Tordoia, Val do Dubra, Xermade ( Lugo) , DomusVi Vimianzo.

Nunha das partes da xornada contaron coa presenza das ponentes:

  • Gloria do Porto Piñón,traballadora social do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
  • Ana Guillén Vilanova, traballadora social do Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela.

Estas dúas profesionais fixeron unha exposición Programa de Axuda no Fogar temporal despois de alta hospitalaria. Documento de instruccións previas (DIP), que é, contidos, acceso, etc.

A outra parte da xornada foi adicada a un traballo máis técnico e de posta en común de ideas ou propostas para intentar mellorar os aspectos que teñen que ver co seu traballo diario en temas de: modificación da normativa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de libre concorrencia , modelo de normas de funcionamento do SAF, normativa referida ás tarxetas de estacionamento.

De aquí sairon dous equipos de traballo que van a formular e a elaborar propostas referidas ao servizo de axuda no fogar e a regulación das tarxetas de estacionamento nos concellos para contar así cunha normativa o máis actualizada e acorde a realidade actual .

Este grupo de traballo ten previsto volver a reunirse no vindeiro mes de marzo.