- Actuarase no camiño que une os núcleos de Devesa e Casiña, o cemiterio de Carnés con Mouzo e tamén no vial de Tufións
O Concello de Vimianzo mellorará a pavimentación de varias vías municipais grazas ao Plan Único 2020 da Deputación da Coruña. Por un importe de 62.928 euros, o goberno local acometerá melloras no camiño que une os núcleos de Devesa e Casiña, o cemiterio de Carnés con Mouzo e tamén no vial de Tufións.
A actuación consistirá na renovación do pavimento actual, que é de zahorra nos tres casos, con asfalto para solventar a problemática que supón o seu estado actual tanto para peóns como para condutores. Procederase tamén á limpeza de cunetas.
O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, remarca a necesidade destes traballos por ser «imprescindibles para proseguir co noso plan para mellorar tanto as conexións interparroquiais como optimizar a seguridade de peóns e condutores e condutoras”.