Vimianzo adianta o comezo do Nadal ao día 5 de decembro

1 minutes read

Este Nadal Vimianzo quere vestirse de luces para dar un impulso ao comercio e hostalería e enchelas rúas de xente e ilusión.

A benvida o Nadal comezará o día 5 co acendido de luces na Praza do Concello ás 20:00 horas. Será un comezo moi divertido, cheo de sorpresas e cunha doce chocolatada que virá preparada da man da Asociación de Familiares de Alzheimer de Fisterra e Soneira (AFAFeS).

O Concello terá habilitada na praza un carpa que permanecerá fixa dende ese mesmo día ata o 6 de xaneiro para poder celebrar unha chea de actividades todos os sábados e vésperas de festivos.

O mesmo día do acendido sairá publicada toda a programación municipal para este Nadal que incluirá moitas novidades como actuacións de maxia, xogacontos teatralizado, contacontos, obradoiros, animación, pintacaras, inchables e moitas sorpresas máis que irán acompañadas sempre de música, diversión e moitas lambonadas. Pero ademais de todas estas actividades que terán lugar na praza do concello cada sábado e véspera de festivos, tamén terán lugar na Casa da Cultura unha chea de actividades e obradoiros para a rapazada favorecendo, por un lado, o verdadeiro espírito do Nadal e, por outro, a conciliación das familias que traballan.

Nas datas de Nadal tamén haberá actividades de música e entretemento polas parroquias, ademáis da tradicional visita dos Reis Magos.