Vimianzo adxudica as obras dunha nova rede de saneamento na parroquia de Carantoña

2 minutes read

O Concello de Vimianzo adxudicou os traballos de execución dunha nova rede de saneamento en Carantoña, na parroquia do mesmo nome, que terán un orzamento de, a lo menos, 111.000 euros con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación da Coruña. É a segunda vez que se licitan estas obras, tras quedar desertas nun primeiro procedemento, daí que se retrase o comezo das mesmas.

As actuacións perseguen dotar dunha rede de saneamento municipal a algunhas vivendas que carecen da mesma no lugar de Lexas e Carantoña (Lugar de Abaixo). No lugar de Carantoña xa existe unha rede de saneamento que dá servizo á maioría de vivendas do núcleo, vertendo á depuradora existente.

Tamén existe outro grupo de casas, situadas ó longo da estrada que baixa desde o cemiterio ata o centro do pobo, e ao longo da estrada que baixa desde o Cruceiro ata a Igrexa, que tampouco poden evacuar os residuos á rede existente.

Por este motivo, desde o Concello licitan un proxecto que contempla a execución de dúas estacións depuradoras: unha cunha capacidade total de 17.200 litros e outra de 3.950 litros.

Ademais, procederase á demolición do pavimento da área ocupada pola nova canalización, á localización das acometidas e servizos afectados e a escavación e recheo das gabias para a colocación das canalizacións. A maiores, instalaranse contedores de saneamento que funcionarán por gravidade e disporanse pozos de rexistro fabricados con tubos de formigón, material que será empregado nas arquetas de paso para as acometidas individuais de cada vivenda na rede pública.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, agradece “o compromiso da Deputación para dar saída a un proxecto que permitirá a determinados fogares de Lexas e Carantoña ter, finalmente, rede de saneamento, un servizo de primeira necesidade”, salienta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?