Vimianzo albergou un encontro do tecido empresarial da Costa da Morte


Ao acto acudiron o delegado do Goberno, José Miñones; a conselleira de Traballo e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o delegado provincial, Gonzalo Trenor e os alcaldes e alcaldesas de Vimianzo, Camariñas, Laracha, Ponteceso, Cabana, Camariñas, Muxía, Fisterra, Malpica, Carballo, Zas, Corcubión, Mazaricos, Laxe e Santa Comba.

O tecido empresarial estivo representada polas 109 empresas da Costa da Morte, desde Sada ata Fisterra pasando por Santa Comba e que forman parte do BNI, de sectores tan dispares como a alimentación, sanidade, automoción ou a construción. Todas elas responsables da creación de 1500 empregos directos e de xerar 12 millóns de facturación en negocios inter relacionados.

“Grandes iniciativas coma esta favorecen a un plan de recuperación que depende de todos e de todas nós. Agora temos que facer o que mellor sabemos facer os galegos, traballar, traballar e traballar”, destacou o delegado do Goberno, José Miñones.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, tamén destacou “a relevancia do sector empresarial”, e máis concretamente dos e das emprendedores e emprendedoras, “que sodes factorías de emprego e formación” no ámbito económico de Galicia. Quixo parabenizar “o esforzo e traballo de todas e todos vós porque hoxe é un día moi feliz, pero tras esta xornada hai outros moitos que non o son tanto”, destacou, poñendo de relevancia “o destacado papel que xogan as familias no día a día das e dos empresarios”.