Vimianzo apraza as actividades culturais desta fin de semana por prevención

Casa da Cultura Vimianzo

  • As obras son aprazadas ata novo aviso debido a incidencia da Covid-19 en Galicia

O Concello de Vimianzo decidiu adiar, ata novo aviso, a axenda cultural desta fin de semana por motivos preventivos e ante a incidencia da Covid-19 en toda Galicia. ‘Queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade’ destacou a rexedora, Mónica Rodríguez, quen ademais sinalou que esta decisión foi consensuada para ‘frear a transmisión do virus’.

As obras aprazadas son ‘Medida x Medida’, de Producións Teatrais Excéntricas; ‘Contos de Michos’, de Pedro Brandariz e ‘O xogo de nano’, contos para bebés con Raquel Queizás.

Desde o Concello insisten na importancia de seguir as recomendacións sanitarias: un correcto lavado de mans, gardar as distancias intepersoais, evitar aglomeracións e empregar o uso de máscara sanitaria en todo momento.