Vimianzo apraza o comezo das andainas ‘Recunchos, outono 2020’

Roteiros por Vimianzo_Cedida

  • O Goberno local adía as rutas debido ás restricións sanitarias da Xunta

As andainas ‘Recunchos, outono 2020’ impulsadas polo concello de Vimianzo deberán agardar a súa estrea, pois a administración local decidiu aprazar o seu comezo debido ás restricións impostas pola Consellería de Sanidade este pasado 14 de outubro.

Desde o consistorio alegan que este adiamento faise por responsabilidade, e xa puxeron a situación en coñecemento das persoas inscritas na andaina deste sabado, 17 de outubro.

As rutas serán reprogramadas en canto as circunstancias o permitan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha