Vimianzo apraza, por mor do mal tempo, ‘Recunchos de outono’ por Bamiro

Cedida.

Intransitable está o camiño polo que discorre a andaina que se ía celebrar esta fin de semana, enmarcada na programación ‘Recunchos de outono’ por Bamiro. Debido ás precipitacións dos últimos días, así como á previsión meteorolóxica, non se poderá desenvolver este 30 de outubro, tal e como estaba previsto, ao non poderse garantir a seguridade das persoas participantes. O Concello de Vimianzo emitiu un comunicado informando que se concretará a futura data de celebración proximamente. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha