Vimianzo aproba investimentos por máis de 300.000 euros

Concello de Vimianzo

O pleno do Concello de Vimianzo deu luz verde a unha serie de investimentos para mellorar servizos do municipio por valor de 308.929,48 euros. As intervencións están enmarcadas dentro do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, Plan Único de Concellos.
Entre elas figuran: A mellora na pavimentación entre os núcleos da Devesa e da Casiña, á que se destinarán un total de 96.998,70 euros. A ampliación da rede de abastecemento en Piñeiros, Paizás e Castiñeiras, á que se dedicarán 151.911,11 euros, e a mellora na pavimentación do vial tras o tanatorio de Baíñas, que conta con 60.019,67 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha