- No programa inscribíronse un total de 121 empresas
O Concello de Vimianzo aprobou en Xunta de Goberno a concesión provisional de 93 solicitudes de adhesión ao plan provincial de reactivación económica PEL-Reactiva por 160.577,20 euros.
Un total de 121 empresas accederon a estas axudas, das cales 28 non cumprían os requisitos establecidos na convocatoria. Con todo, notificaráselles este acordo ás persoas interesadas, que dispoñerán dun prazo de dez días hábiles para realizar as alegacións.
Estas axudas buscan darlle solucións ás problemáticas derivadas da crise sanitaria provocada pola covid-19. O Concello de Vimianzo iniciara xa en maio os contactos para impulsar estas subvencións, xusto cando a Deputación Provincial estaba tramitando impulsar as mesmas.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca o compromiso do presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso, co «noso tecido empresarial para facer fronte común ante esta problemática».