Vimianzo | Arde unha vivenda deshabitada no lugar de Pasarela-Calo

Foto.- Bombeiros costa da Morte.

Unha dotación de garda do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña foi requerida polo 112 Emerxencias Galicia para intervir nun incendio urbán nunha vivenda deshabitada no lugar de Pasarela (Calo), no Concello de Vimianzo.
Ao lugar acudiron os Bombeiros de Cee, que, tras extinguir os distintos focos do interior da vivenda, realizaron unha comprobacion perimetral coa camara térmica, para comprobar que non quedaran posibles puntos de calor onde se poidese reiniciar o lume.
Afortunadamente so hai que lamentar danos materiais, xa que era unha vivenda deshabitada. No operativo participaron a Garda Civil de Camariñas, Policia Local de Vimianzo e Bombeiros da Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha