Vimianzo arrinca o mes de abril cunha gala solidaria a favor do pobo ucraíno

1 minutes read
  • Será este venres, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este venres, a partir das 21:00 horas, unha gala solidaria a favor do pobo ucraíno. As entradas poden recollerse no portelo do Auditorio en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O prezo é de 5 euros, podendo adquirirse tamén na web de Woutick polo mesmo custo ou coa opción de «Fila 0». A cantidade recadada destinarase á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.

Daranse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, a banda de gaitas da AC Trubisquiña, a banda de gaitas O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera, Suso de Quinito, Oppium e Teima.