41
Comezou o Asaltiño, a poboación miúda atacou o castelo de Vimianzo como preludio do que foi a acontecer en versión adulta, a partir das once e media da noite. Tras a ofensiva, estudantes do instituto Terra de Soneira repasaron a historia da fortaleza poñéndose na pel dalgúns dos seus persoeiros máis salientables.
O levantamento do pobo contra o sistema feudal é o punto de partida deste percorrido polo devir de Vimianzo dende o medievo ata hoxe. Un xeito divertido de coñecer a historia propia e de marchar para a casa cunha boa molladura, por dentro e por fora.