Vimianzo aumenta a súa oferta de supermercados cun novo Eroski City

2 minutes read

Vimianzo conta cun novo supermercado tras a inauguración este mércores dun Eroski City nos números 59 e 61 da rúa Trasariz, situada no propio núcleo vimiancés.
Ao acto acudiron a rexedora, Mónica Rodríguez; membros da corporación como os concelleiros Víctor Muíño, Miguel Ángel Pérez, Mario Andújar e María José Pose; o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o director de Expansión e Franquicia da compañía, Pedro Suárez; e a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González. Por parte de Joalper, a empresa familiar laxense a través da cal se inaugura o supermercado ao ser socia franquiciada, asistiu o director da compañía, José Manuel Vázquez, Julia Rivera como membro da dirección e demais equipo e familia.
Con este novo supermercado, o concello de Vimianzo aumenta a súa oferta de locais enmarcados na venda no sector da alimentación. De feito, as instalacións de 650 m2 de superficie deste novo Eroski City permitirán contar con máis de 8.500 referencias de produtos con venta asistida en carnicería, chacinaría e pescadería, ademais de 80 prazas de aparcamento exclusivas para clientes, servizo de puntos de recarga eléctrica e lugar de estacionamento para caravanas.
A rexedora arrincou a súa intervención cun agradecemento especial a Vegalsa-Eroski, Joalper e tamén a “todas as persoas que colaboraron na execución desta iniciativa empresarial e todo o que implica”.
“Con esta apertura continuamos xerando novos empregos, dinamizamos a contorna e activamos a colaboración con produtores e organizacións alimentarias da zona, provocando un impacto positivo na nosa comunidade”, destacou a alcaldesa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?