Vimianzo autorizará as lumaradas de San Xoán baixo certas condicións

Cachelas

  • Poderanse solicitar ata as 13:00 horas do 18 de xuño

O Concello de Vimianzo expedirá autorizacións de cara a realización de cachelas en espazos privados durante a noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño. Poderanse solicitar ata as 13:00 horas do 18 de xuño.

Será necesario cumprir unha serie de medidas preventivas, destacando que as persoas responsables deben ter máis de 18 anos, que en zona urbana o volume de combustible da larada non poderá sobrepasar os 3 metros de perímetro nin 1 metro de altura, mentres que no rural non excederá os 6 e 3 metros, respectivamente. A separación entre as cachelas, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbano terá como mínimo 12 metros, agás no casco urbano; queda prohibida a queima de neumáticos, plásticos e derivados e será necesario respectar as normas sanitarias.

De non cumprir con estas condicións, o Concello poderá revogar as autorizacións. Máis información no 981 71 60 01.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha