Vimianzo busca creacións artísticas entre a rapazada

Ante esta situación tan especial que estamos a vivir, as ventás vimiancesas están quedando fermosas cos debuxos dos máis pequenos e pequenas da casa. Esta creatividade  artística da rapazada é unha mensaxe de optimismo ante o avance do COVID-19  que sería boa idea que compartiran con toda a veciñanza  de maneira virtual.

Por iso, desde o Concello de Vimianzo, queren que tamén deixen as súas pinceladas  nas redes sociais. Estas ventás e balcóns decorados polas familias son espazos temporais de arte para compartir #VimianzoNaVentá.

Cos debuxos que se acheguen ao correo cultura@vimianzo.gal crearase un álbum na páxina do facebook do concello para que todos e todas poidamos ver as creacións dos/as artistas infantís vimiancéses.

Animádevos a participar:

  • PASO 1: Facer un debuxo sobre o confinamento. Si xa o tes feito quitádelle unha fotiño!.
  • PASO 2 Fáillo chegar (indicando nome e idade do/a artista da casa) enviándoo ao correo cultura@vimianzo.gal

Crearán un álbum na páxina de Facebook do Concello.

Cartel da iniciativa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha