- Un deles será dual e outro de garantía xuvenil
Mónica Rodríguez, Sandra Ínsua e Iago Toba, rexedores dos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía, respectivamente, volven a unir forzas para seguir impulsando iniciativas que fomenten a inserción laboral da súa veciñanza.
Este martes, os edís das diferentes localidades reuníronse para solicitarlle á Xunta de Galicia dous novos obradoiros de emprego: un dual e outro de garantía xuvenil. Á xuntanza tamén asistiron Sergio Caamaño, concelleiro de Camariñas, e María José Pose, concelleira de Vimianzo.
Cabe lembrar que estes tres concellos xa conseguiran unha subvención de 346.846,05 euros para levar a cabo “Camiño ao emprego”, un programa mixto de emprego e formación, dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas desempregadas de 18 ou máis anos de idade.