Vimianzo | Cancelado o Concerto de Nadal da Escola de Música

PIXABAY

  • Previsto para este sábado, non se puideron realizar os ensaios previos por incompatibilidade de horarios

O Concello de Vimianzo comunica a cancelación do Concerto de Nadal da Escola de Música previsto para este sábado, 8 de xaneiro, por «incompatibilidade nos horarios e varios imprevistos xurdidos nas axendas dalgúns dos compoñentes ao longo das festividades». Isto fixo imposible que se realizaran os ensaios previos á actuación, polo que «non se considera viable levalo a cabo» ao non poder garantizar un «acto de calidade», afirman desde a organización.

Esta era a penúltima actividade prevista na axenda cultural programada polo Concello de Vimianzo para o Nadal 2021-2022 e aínda que polo de agora non hai unha nova data de celebración, a idea é que os alumnos «teñan a oportunidade de deleitarnos cando consideren que é adecuado», sinalan desde o goberno local.

O que continúa é a celebración do Duatlón de Reis. Programada para este domingo, conta con máis de 200 deportistas inscritos.