Vimianzo celebra a primeira fin de semana de ‘Artesanía en vivo’ tras o estado de alarma

1 minutes read
  • A actividade dos artesáns retomouse este martes 16 de xuño no castelo da localidade

O Concello de Vimianzo retomou esta fin de semana a actividade artesá tras decretarse o pasado 14 de marzo o estado de alarma; así, o castelo da localidade abre novamente as súas portas para esta finalidade. Faino, ademais, en horario de verán, polo que a actividade da Mostra de artesanía ao vivo poderá verse por completo de martes a domingo de 10:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:00 a 20:30 horas pola tarde.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar ‘a boa nova que supón que o castelo abrise as portas xa hai un par de semanas, e aínda máis que o faga para acoller a artesáns e artesás; significado este de que a actividade comeza gradualmente a acadar esa tan ansiada normalidade’, sinalaba a rexedora.

Desde o Concello de Vimianzo insístese, con todo, en seguir as recomendacións para que a seguridade das persoas sexa total. A capacidade máxima de cada sala estará marcada mediante indicadores, o itinerario será de sentido único e será obligatorio o uso de máscara sanitaria. Haberá á disposición dos visitantes solución hidroalcólica na entrada.