Vimianzo celebrará o Día das Letras Galegas co espectáculo ‘Xeliña fala galego’

1 minutes read
  • Será o día 16 de maio ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura

O Concello de Vimianzo acollerá o vindeiro 16 de maio, ás 18:30 horas, a representación do espectáculo ‘Xeliña fala galego’, de Caxoto Contacontos, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. A entrada é de balde ata completar aforo e as reservas pódense facer na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres, en horario de 9:30 a 13:30 horas, e de 16:00 a 20:00 horas.

A partires desta obra escrita a modo de diario, Caxoto visita a figura da autora dende a súa experiencia como un neno que viviu esa década compartindo eses mesmos referentes. Lembranzas, historias de vida, contos e cantigas servirán para facer un completo repaso pola figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas.