O Concello de Vimianzo celebrará o vindeiro luns, 14 de agosto, o ‘Día do neno’ no que os máis pequenos e pequenas da casa serán os grandes protagonistas. A iniciativa enmárcase como peche das festas da localidade que se celebrarán do 11 ao 13 de agosto.
A rapazada poderá gozar, na praza do Concello, de múltiples actividades para todos os gustos. Desde as 16:30 e ata as 21:00 horas, os nenos e nenas poderán pasalo en grande nos inchábeis, tanto en seco como de auga. Tamén haberá unha gran festa da escuma mentres que DJ Rokiño será o encargado de marcar o ritmo da xornada coa súa música.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou a aposta da comisión de festas por pensar nos nenos e nenas e ofrecerlles “un momento especial, permitíndolles que se divirtan dunha forma amena coas súas amizades e familias”.
Promo do evento.