Vimianzo celebrará o seu primeiro torneo de xadrez o 25 de setembro


Está organizado polo Club de Xadrez Arteixo, comezará ás 11:15 horas na Casa da Cultura coa presentación oficial e clausurarase ás 19:00 horas. Forma parte do circuíto Deputación da Coruña.

Repartiranse 800 euros en premios e as inscricións poderán facerse ata o 24 de setembro chamando ao 617 234 393 ou en xadrezarteixo@gmail.com. As roldas desenvolveranse con 7 ou 8 partidas de 10 minutos máis 3 segundos por xogador.

Óscar de Prado, do club organizador, destaca que “neste torneo, de ranking internacional, competirán xogadores todas as idades, tanto nenas e nenos como adultos, e non facemos distincións neste sentido”, resultando este un dos atractivos da cita, na que “había moitas ganas de colocar a Vimianzo no circuíto e agardamos que acudan xogadoras e xogadores de toda a provincia”, sinalou.