Vimianzo celebrou a gala de fin de curso da Escola de Música Tradicional Galega

Cedida

  • Ás 20:00 horas tamén se inaugurou unha mostra da Escola Municipal de Arte e Panillo na sala Antón Mouzo

Vimianzo celebrou este venres a gala de fin de curso da Escola de Música Tradicional Galega con ducias de familias como público. O evento celebrouse a partir das 21.30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Entre as cancións e bailes que se executaron ó longo de toda a cerimonia puidéronse escoitar Panaderas, Muiñeira de Ramelle, Aturuxeira ou A Carolina.

Por outra banda, ás 20:00 horas tamén tivo lugar a inauguración da mostra da Escola Municipal de Arte e Panillo na Sala de Exposicións Antón Mouzo, onde se recollen os traballos do alumnado durante todo o curso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha