Vimianzo celebrou a súa primeira gran proba deportiva do ano, o Duatlón de Reis

1 minutes read

O Concello de Vimianzo celebrou este domindo 14 de xaneiro a primeira gran proba deportiva do ano: a décimo quinta edición do Dúatlon de Reis. O evento deportivo contou con dúas modalidades: a distancia estándar, que volveu ser Campionato Galego de Dúatlon; e a distancia súper esprint, que conseguiu selo por primeira vez e está ideada para as categorías cadete, xuvenil e júnior.

Os gañadores das distintas categorías das probas, foron:

Estándar masculina: José Ignacio Gálvez*
Estándar masculina galego: Alexandre Otero Iglesias.
Estándar feminina: María Delgado González
Estándar relevos: David Rogelio Pérez Castro e Eugenio Canosa Canosa
Super sprint popular: Javier Pita Vidal
Super sprint: Daniel Vieito Fernández

*José Ignacio Gálvez é o gañador total da proba, pero non puntúa para o Campionato Galego ao ser doutra comunidade.