Vimianzo celebrou o seu primeiro Pleno telemático

1 minutes read

Na sesión aprobouse por unanimidade a concesión dunha subvención nominativa á agrupación de Protección Civil, así como a aprobación do plan económico-financieiro cos votos favorables do grupo do goberno e a abstención do PP de Vimianzo e de Adiante Vimianzo.

O portavoz de cada grupo político emitiu o voto de cada punto en nome de toda a súa agrupación, tras acadar a corporación un consenso neste sentido. No consistorio vimiancés estiveron presentes, e sempre en cumplimento das normas sanitarias, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Servizos Sociais, María José Pose; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo comezar a sesión “agradecendo á corporación, trabaladores municipais, secretaría e intervención, Protección Civil, Policía Local e ao departamento de Servizos Sociais o seu compromiso. Tamén o dos sanitarios, dun xeito especial aos do PAC de Vimianzo e aos do Hospital Virxe da Xunqueira”.

Rodríguez non quixo rematar esta primeira intervención sin lembrarse “de toda a xente que está a librar esta batalla tan dura, dos que xa non están e das persoas que desgraciadamente sufriron unha perda nestas circunstancias”, destaca. Mañá, o Concello de Vimianzo tería que celebrar a XIX Xantar dos Maiores, feito que pola crise sanitaria non poderá ter lugar.

“Tamén queremos lembrarnos deles, xa que non poderemos celebrar esta xuntanza no 2020 pero agora o que toca é coidarse”, dixo a alcaldesa. Na sesión aprobáronse as actas das anteriores, por unanimidade, e decretouse tamén destinar as dietas de asistencia deste pleno integramente para Cáritas Vimianzo e Cruz Vermella, por parte de todos e todas os/as concelleiros/as.

Por outra banda, na quenda de rogos e preguntas, saeu a colación o punto de axudas a comerciantes e hostalería, no que se chegou ao acordo de “achegar economicamente en todo o posible, pero sempre e cando esteamos amparados pola lei”, destacou a rexedora.