Vimianzo | Clausurada a terceira quenda do Concilia Vimiverán

Concilia Vimiverán. Peche quenda 3 en Baíñas_Cedida.

Nenos e nenas de 4 a 12 anos participaron nesta terceira quenda do «Concilia Vimiverán», unha iniciativa de catro turnos posta en marcha polo Concello de Vimianzo para dar unha resposta rápida e con garantías a unha demanda das familias do municipio con necesidades de conciliación da vida laboral e familiar.

A alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, estiveron no peche en Vimianzo; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, en Carantoña; e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Víctor Muíño, en Baíñas.

Nos derradeiros días desta quenda os rapaces e rapazas gozaron de diferentes actividades e visitas polo municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha