- Un centenar de rapaces gozaron de todas as actividades durante o verán, separados en quendas e en varias localizacións
O Concello de Vimianzo despediu este venres as actividades do ‘Concilia Vimiverán’ cunha clausura chea de emotividade, e onde a rapazada fixo gala das habilidades adquiridas durante estas semanas presentando no acto varias pancartas nas que se podía observar a súa destreza artística. Foron deseñadas exclusivamente para a ocasión e ter así unha bonita lembranza do que supuxo este particular verán para eles e elas.
Baixo estritas medidas de seguridade, casi un centenar de rapazas e rapaces puideron gozar destas actividades durante todo o verán, por quendas e grupos en distintos escenarios do municipio; a destacar Vimianzo, Carantoña e Baíñas.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, acompañou aos máis pequenos nesta derradeira xornada e obsequiounos cun pequeno presente para agradecerlles «o seu inmellorable comportamento durante todo o Vimiverán», debido ás condicións especiais nas que se tivo que organizar todo.
Beatriz Mato, a directora de Desenvolemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia, fixo entrega de material escolar á rapazada de Vimianzo despois do acordo acadado polo goberno local o pasado mes de xuño.