Este luns, 23 de novembro, comezou a primeira fase de actuación do plan de recollida de plásticos agrícolas posto en marcha polo Concello de Vimianzo.
Ata o venres 27 de novembro procederanse a recoller os avisos das persoas interesadas, que terán que facelo chamando ao 698 148 504 en horario de 9.00 a 15.00 horas.
Na segunda fase, que comezará a partir do luns 30 de novembro, iranse recollendo os residuos por zonas.
