O Concello de Vimianzo última as tarefas de limpeza no castro das Barreiras

Limpieza castro de As Barreiras_Vimianzo

  • A administración local recibiu esta semana a autorización da Xunta de Galicia para acometer estes traballos

O Concello de Vimianzo comezou estes días as tarefas de limpeza e acondicionamento do castro das Barreiras, un conxunto patrimonial fundamental para comprender a historia do municipio vimiancés. A administración local recibiu esta semana a autorización da Xunta de Galicia para acometer estes traballos, que se realizarán durante os vindeiros días.

O Castro das Barreiras é un xacemento de especial interese, xa que se aprecian claros vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto superou os 8 metros de altura. Estas defensas non son habituais nos xacementos castrexos, e amosan que este castro foi no seu día, un poboado importante.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha