Vimianzo | Como cada 9 de xullo, Carnés deulle a benvida as súas festas coa degustacións dos callos

A misa cantada das 19:00 horas foi a encargada de abrir a tarde, que continuou ás 20:00 horas coa degustación dos callos, estivo amenizada pola charanga Támega. A Faguía de Carnés, Festa de Interese Turístico de Galicia, congregou a milleiros de fieis de todas as idades, ante o «traballo ben feito» por un «gran equipazo». Xa pola noite continuou a troula coa orquestra Los Satélites e a discoteca móbil Euphoria. A festa segue este xoves coa París de Noia, o venres co Combo Dominicano e o único concerto en Galicia de Medina Azahara.

Related posts

Nova programación de cursos no Fórum Carballo

A Laracha está a completar no rural a execución do proxecto de colocación das placas identificativas coa nova numeración

A Deputación da Coruña apoia a Carballo como museo de muralismo ao aire libre