O Concello vén de conceder 218 bolsas de axudas para o financiamento de material escolar ás familias vimiancesas, destinando para elo 35.620 euros para tal fin.
A convocatoria estaba dirixida ás familias empadroadas na localidade cunha renda per cápita inferior aos 9.000 euros anuais e para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior de centros públicos.
O obxectivo prioritario é emprestar axuda á hora da adquisición de material escolar, musical ou informático, así como roupa, calzado ou outro material que se considere necesario para as alumnas e alumnos matriculados en centros escolares públicos durante o curso escolar 2022-2023.
Desde o goberno local consideran “prioritario” que o Concello de Vimianzo estea “ao carón das familias con poucos recursos e que poidan así desenvolver os seus estudos con plenas garantías de subministro de materiais”, sinalan.