41
- Ás 22:30 horas, a praza do Concello acollerá a proxección da película galega ‘O que arde’, de Óliver Laxe
O Concello de Vimianzo celebrará este sábado o Asalto ao Castelo dun xeito atípico, e farao cunha serie de actividades adaptadas ao contexto sanitario actual.
De 13:00 a 16:00 horas, e de 19:00 a 22:00 horas, haberá polas rúas do municipio unha ofrenda musical irmandiña. Ás 21:00 horas, unha intervención teatral a cargo de Vicente Mohedano e ás 21:30 horas a subida ao Castelo, cun aforo máximo de 300 persoas. O culme desta lembranza ao Asalto será ás 22:30, xa que a praza do Concello albergará a proxección do filme ‘O que arde’, de Óliver Laxe.
Ademais, durante a xornada de hoxe todo aquel que se achegue ata Vimianzo poderá contemplar finalizada a obra de Miguel Peralta, de Cestola na Cachola.