29
O Concello de Vimianzo segue adiante co seu plan de mellora de servizos públicos a través da adquisición dun vehículo tipo pick up con plataforma elevadora a través do Fondo de Compensación da Xunta de Galicia. A plataforma, pola súa banda, será aérea de dobre pantógrafo e de 16 metros de altura, facilitando os traballos de difícil acceso. Será empregado polos servizos eléctricos municipais, para tarefas como reparación ou cambio de luminarias, revisión de tendido eléctrico, mantemento, etc.