Vimianzo convoca á rapazada para participar no Concurso Infantil de Postais de Nadal

O Concello de Vimianzo convoca o IX Concurso Infantil de Postais de Nadal, no que poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria enviando os seus debuxos baixo o tema ‘Vive o Nadal en Vimianzo 2020’.

O certame contará con catro categorías, entre as que se dividirán os participantes segundo o seu curso escolar:

  • Categoría A: nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
  • Categoría B: nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Categoría C: nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Categoría D: nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria.

Repartiranse dous premios en cada categoría, consistentes en material didáctico ou libros. Entre os premiados, o Concello seleccionará a postal que se empregará para o cartel do Nadal de 2021.

A técnica das obras será libre, pero non se permitirán purpurinas, algodóns ou tintas metálicas. Así mesmo, as dimensións dos debuxos tamén serán libres, sempre e cando non superen os 210x297mm (A4) e se presenten a unha soa cara.

Os traballos presentados deberán incluír no seu reverso o título, nome e apelidos do autor ou autora, idade, curso e nome do Centro escolar. Non se admitirán traballos sen asinar.

As obras poderán presentarse dende o 30 de novembro ata o 17 de decembro de 2020, depositándoas na Casa da Cultura de Vimianzo de luns a venres entre as 10:00 e as 20:00h. e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha