Vimianzo | Corte de tráfico na vía que une Baíñas con Dumbría durante esta tarde

0 minutes read
  • O peche ao tráfico está programado das 15.00 ás 16.00 horas

O Concello de Vimianzo comunica que a estrada que enlaza Baíñas con Dumbría queda cortada ao tráfico durante este luns de 15.00 a 16.00 horas. O motivo desta interrupción son as obras da construción dunha ODT (Obra de Drenaxe Transversal) para rematar cos «continuos problemas de asolagamento nunha vía moi transitada, tanto por particulares como por vehículos profesionais», sinalan desde o consistorio. Hai sinalizados itinerarios alternativos.