Vimianzo dá a coñecer a programación do seu ‘Outono rebuldeiro’

O Concello de Vimianzo dá a coñecer a programación ‘Outono rebuldeiro’, un conxunto de espectáculos de maxia e teatrais para a rapazada vimiancesa.

Haberá sesión de teatro e maxia todos os domingos ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de balde con reserva ata completar aforo e as reservas poderanse facer efectivas na billteira da Casa da cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. A billeteira permanecerá aberta unha hora antes do inicio das sesión.

Este ‘Outono rebuldeiro’ arrincará o día 17 de outubro con ‘Unha árbore ven a vernos no outono’, de Anxo Moure. Teatro Calavera achegará ata Vimianzo o seu espectáculo ‘A cabaza encantada’ o día 31 de outubro.

Xa en novembro, ‘O que levamos nas maletas’, de Magín Blanco e ‘Contos pola igualdade’, de Pedro Brandariz, pecharán a programación.

Todas as sesións estarán organizadas seguindo un estrito protocolo COVID e contarase con itinerario seguro. Será obrigatorio o uso da máscara sanitaria para o público que acceda ao auditorio.

Funcións para os centros de ensino de Vimianzo

Os pases para as sesión dos días 19, 20 e 21 de outubro non se reservarán porque son funcións para os centros de ensino vimianceses. ‘Rosa Caramelo e outras historias’, de Talía Teatro; ‘A verdadeira historia de Hamelín’, de Mere Clown e ‘Espantamedos’ con Inacio Vilariño, de Fantoches Baj, serán as tres representacións matinais.

Programa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha