Vimianzo daralle a benvida ao Nadal co tradicional acendido de luces o 2 de decembro

O Concello de Vimianzo inicia a conta atrás para unha das datas máis especiais do ano: o Nadal. O acendido da iluminación será o vindeiro sábado, 2 de decembro, ás 20:00 horas, na Praza do Concello.

Os máis pequenos e pequenas poderán gozar do espectáculo ‘A luz do camiño’ da man de Troula Animación. A luz e a cor branca son as protagonistas desta actuación, na que o ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante levarán ás crianzas a un universo máxico.

Desde o goberno local convidan a toda a veciñanza a que se achegue ata a Praza do Concello para gozar dun ambiente festivo e de fraternidade nun acto que marca o comezo destas datas tan sinaladas. Todas as persoas asistentes poderán gozar, ademais, dunha gran chocolatada.

É a primeira das múltiples actividades incluídas na programación de Nadal deste 2023, que estará repleta de actuacións e espectáculos para todos os gustos e idades e que se dará a coñecer proximamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha