- Os presuntos estafadores son dúas persoas que se fan pasar por comerciais dunha subministradora eléctrica
O Concello de Vimianzo alerta dunha posible estafa no lugar de Treos tras a denuncia de varios veciños en relación a dous individuos que durante este martes se fixeron pasar por comerciais dunha subministradora eléctrica. Segundo sinalan desde o Goberno local, estas persoas piden os «datos persoais e medicións dos contadores coa excusa de tramitar o bono social da luz». O obxectivo destes presuntos estafadores é captar novos clientes sen saber que se cambian de compañía para asinar contratos cunhas condicións abusivas.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, púxose en contacto coa empresa subministradora na zona para corroborar esta posible ilegalidade, e os feitos xa están en coñecemento das autoridades.
Desde o Concello rógase precaución e que as persoas afectadas se poñan en contacto coa Garda Civil.