Vimianzo – Deputación | Convenio para a xestión do Castelo e dos Batáns do Mosquetín


A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, asinou co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, o convenio de cooperación para a xestión da atención de visitantes, Mostra de Artesanía en Vivo e outras actividades no Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín durante o 2022. A Deputación consignará nos seus orzamentos unha partida de 120.000, dos que 105.000 € se destinarán ao Castelo e os outros 15.000 €, aos Batáns. Entre as obrigas contraídas segundo o convenio polo Concello de Vimianzo está a de achegar o persoal necesario para a atención aos visitantes do Castelo, ás Mostra e aos Batáns; a abrir os centros de acordo cos horarios que se establecen no acordo (o Castelo, de martes a domingo, excepto Nadal e Aninovo; e os Batáns, de luns a domingo) e a elaborar unha estatística de visitas mensual e de xeito obxectivo e valorable.