Vimianzo destina 9.000 euros en axudas por nacemento, adopción e acollida

1 minutes read
  • A finalidade desta liña de axudas é contribuír a sufragar os gastos derivados destes sucesos

O Concello de Vimianzo convoca unha liña de axudas por nacemento, adopción e acollida para as familias. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, establecéndose un prazo excepcional de dous meses a partir da publicación para optar a dita cota económica, para os nenos nados entre o 1 de outubro de 2019 e o 31 de maio de 2020, ambos inclusive.

Os beneficiarios serán os pais, nais e /ou tutores legais de nenos nacidos, adoptados ou acollidos polas familias vimiancesas durante o período que abrangue desde o 1 de outubro de 2019 ao 31 de decembro de 2020.

A finalidade desta liña de axudas é contribuír a sufragar os gastos derivados dun nacemento, adopción ou acollida, e suporán un total de 9.000 euros para toda a convocatoria.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo destacar que “supón unha achega importante para as familias de Vimianzo, e un pulo nestes tempos que estamos a vivir”.