- Trátase dun novo proxecto que recolle intervencións que non estaban contempladas nunha primeira instancia
O Concello de Vimianzo acometerá as tarefas de renovación da capa de rodadura na estrada que une Tines e A Piroga, que contarán cun orzamento de 328.929,7 euros. Obras que non estaban contempladas nunha primeira instancia e que “optimizarán os servizos e a seguridade para a veciñanza», segundo o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez.
En primeiro lugar, limparanse as cunetas para mellorar as condicións de canalización e drenaxe da auga e tamén se procederá á instalación dunha reixa no lugar da Piroga para evitar a escorrentía de auga sobre a estrada autonómica AC-552. A maiores realizarase unha canle aberta á altura de Bamiro para evitar a acumulación de auga nesta zona e instalaranse beirarrúas en ambas marxes do cruce cara Vilar.
Na intervención inclúese ademais o repintados de todas as marcas viais existentes.